As Nosas Historias

21245867_10203543715789180_220031210_o.jpg

A Historia de Alex

Alex creceu en Craiova, no sur de Romanía, e trasladouse coa súa familia a Irlanda cando tiña 16 anos. De pasar o seu tempo libre traballando no bar da vila da súa familia, Drănic, pasou a explorar un pouco o mundo e licenciouse en Relacións Internacionais, despois de estudar en Irlanda e Suecia. Após finalizar o seu Mestrado en Paz e Seguridade en Londres, trasladouse de novo a Irlanda, que acabou por se converter no seu lar cando recibiu a nacionalidade irlandesa.

Con todo, continúa a ter en mente seguir explorando o mundo, sempre cervexa a cervexa. Na actualidade forma parte do equipo directivo dunha empresa multinacional con sede europea en Dublín, na que traballa como xestora de crises.

10273361_10204076511462777_1930867379056206297_o.jpg

A Historia de Martín

Martín naceu nunha pequena aldea do leste de Galiza, e pasou os primeiros anos da súa infancia rodeado de granxas, animais e veciños que o trataban como se fose da familia. Con 11 anos mudouse xunto aos seus pais a Barcelona, onde rematou os seus estudos e acabou por se licenciar en Enxeñaría Química.

Como parte dos seus estudos universitarios, realizou o seu Proxecto Final de Carreira en Belfast, onde se comezou a encontrar en sintonía coa illa de Irlanda. Esa podería ser a razón pola cal atopou o seu primeiro traballo como enxeñeiro de procesos en Dublín. Hoxe en día traballa como enxeñeiro de proxecto para unha consultoría enerxética.

A Nosa Historia

Cando nos coñecemos por primeira vez sabiamos moi pouco o un sobre o outro. Ambos os dous chegamos a aquela primeira cita con temores, mais a cousa foi tan ben que despois só queríamos vernos unha e outra vez. Martín lembra sentirse coma se estivese na entrevista máis dura da súa vida. Atopouse cunha Alex que tiña unha imaxe moi clara do que quería… ou quen quería. Quería alguén con quen compartir os seus valores e a súa visión da vida, e iso foi exactamente o que encontrou: un Martín apaixonado do mundo que nos rodea, curioso, e cun gran corazón… E Alex foi capaz de ver todo iso a través dos ollos de Martín.

Así, estamos moi contentos de terte connosco para celebrarmos o momento en que nos converteremos en marido e muller!

Lugar de Celebración

 

Pazo do Tambre

18:00

Loureiro, Cando
Outes, Noia
Galiza
GPS: 42°49'53.7"N 8°51'43.8"W

 

Como Chegar

Haberá autocares de voda que irán do centro de Santiago ao Pazo.

A saída será ás 16:15 ao lado da parada de bus da Praza de Galiza:

 
 
 

Lista de Voda

Non temos ningunha lista de voda – a túa presenza ese día é o mellor agasallo que nos podes facer!

Se aínda así che gustaría contribuires á nosa lúa de mel, podes atopar unha maneira de facelo aquí.

"Europa fíxose peregrinando a Compostela" ~ Johann Wolfgang von Goethe

 

Onde Aloxarse

Hotel Literario San Bieito ★★★ – Un hotel situado a poucos metros da Catedral. Todos os cuartos están equipados con TV intelixente, minibar gratuíto e baño privado con ducha. Tamén ofrece recepción automatizada aberta as 24 horas e un almorzo bufete gratuíto as 24 horas.

PR Fornos ★★★ – Con xenerosas vistas aos xardíns da Praza Galiza, esta pensión atópase a só 300 m da Catedral. O autobús que vai ao aeroporto para nesa mesma praza. Os seus cuartos son modernos e elegantes, cunha decoración minimalista e chan de madeira, e todos eles contan cun baño completo.

Hotel Entrecercas ★★ – Este pequeno hotel de xestión familiar ofrece unha excelente relación calidade-prezo. O edificio antigo, de pedra, foi restaurado conservando o seu encanto orixinal e os seus arcos de madeira. Os cuartos están decorados de forma sinxela e todos dispoñen dun pequeno baño con ducha.

O Xardín de Julia ★★ – Unha bonita pensión no centro antigo, cun xardín traseiro que é o selo de identidade que da nome ao hotel. Os cuartos están equipados con televisión e baño, e algúns deles teñen vistas ao xardín ou á cidade. Tamén ofrecen alugamento de bicicletas.

Hotel San Clemente ★★ – Un hotel familiar que data do século XVII, situado entre o Parque da Alameda e o centro antigo. Conserva moitas das súas características orixinais, como as paredes de pedra e as vigas de madeira. Unha boa opción para aqueles que gustan dun toque rural dentro da cidade.

Se preferires aloxamento alternativo, podes usar este cupón que ofrecemos a aqueles que reserven por primeira vez un apartamento en AirBnB.

 

Que Ver

Praza do Obradoiro – A gran praza situada en fronte da fachada occidental da catedral recibe o seu nome en alusión ao obradoiro de canteiros que estaba presente na praza durante a construción da catedral. Está rodeada por catro edificios importantes, que representan os catro poderes da cidade: a Catedral no leste (a Igrexa), o Hostal dos Reis Católicos (a burguesía) no norte, o Pazo de Raxoi (Concello de Santiago) no oeste e o Colexio de San Xerome (parte da Universidade de Santiago) no sur.

Catedral de Santiago – No corazón de Compostela, a Catedral elévase sobre o centro da cidade nunha espléndida mestura de agullas e esculturas. Dispón do seu propio museo dentro, onde se pode ver unha impresionante colección de arte relixiosa.

Hostal dos Reis Católicos – Este edificio foi construído a comezos do século XVI por orde dos Reis Católicos Isabel e Fernando, como centro de recuperación para peregrinos. Posteriormente converteuse nun orfanato e un centro de asilo. Hoxe en día é un parador e alberga visitantes adiñeirados, aínda que os seus patos principais están abertos ao público.

Colexio de Fonseca – Xusto no sur da catedral, e na parte oeste da Praza de Fonseca, atópase o Colexio de Fonseca, cun bonito patio renacentista e dúas galerías de arte. Este colexio foi tamén a primeira sede da Universidade de Santiago (fundada en 1495).

Parque da Alameda – Os xardíns do Parque da Alameda eran áreas de recreo da cidade na época medieval. O parque contén varios monumentos, sendo o máis famoso a escultura das “Marías”: dúas irmás moi famosas na cidade durante a segunda metade do século XX. Após desenvolveren unha doenza mental por causa da morte de todos os seus irmáns na Guerra Civil Española, tiñan o costume de saíren a camiñar pola Alameda ás dúas da tarde con vestidos e maquillaxe extravagantes e dedicando piropos aos estudantes universitarios que por alí camiñaban.

Mercado de Abastos – O segundo lugar máis visitado da cidade despois da Catedral, o Mercado de Santiago é un sitio fascinante, con multitude de produtos frescos do mar e as granxas do país, distribuídos en máis de 300 postos. Está aberto de segunda feira a sábado, das 7 ás 15 horas. 

Museo do Pobo Galego – A pouca distancia da zona antiga, este museo etnográfico do pobo galego alberga unha gran cantidade de exhibicións sobre o modo de vida tradicional galego, desde barcos de pesca a gaitas, pasando por vestimentas tradicionais e antigas imprentas.

Museo das Peregrinacións e de Santiago – Desde a súa renovada sede na Praza das Praterías, o Museo das Peregrinacións e de Santiago explica con gran detalle o fenómeno de Santiago (o santo e a cidade) ao longo dos séculos.

 

Para máis información, visita a Páxina Web Oficial de Turismo da cidade.

 

Onde Comer

O Dezaseis – Unha visita obrigada se estás á procura de receitas galegas xenuínas 

Bierzo Enxebre – Comida tradicional galega e unha gran colección de viños

Cinco Sete, Casa de Xantar – O polbo á feira é a súa gran especialidade

A Horta do Obradoiro – Se che apetece comer marisco nun xardín, este é o teu lugar

O Boteco – Para unha boa combinación de viños e petiscos

Casa Marcelo – Fusión das cociñas galega e asiática, unha xoia oculta

Abastos 2.0 – Comida sacada directamente do Mercado de Abastos

 

Onde Beber

Modus Vivendi – O pub cultural máis antigo de Galiza, cheo de diferentes licores

A Casa das Crechas – Un céntrico pub con música celta e sesións improvisadas despois das 22:00

O Filandón – Deixa atrás a tenda de queixos da entrada para obteres petiscos de xamón con cada bebida

Cervexería Xuntanza – Non perdas as súas cervexas artesanais e elaborados petiscos

Borriquita de Belém – Para unha atmosfera relaxada, mojitos, viño, e jazz & blues en vivo

A Reixa – Unha institución en Compostela, este bar musical ofrece música en directo varias noites por semana

A Garoa – Un lugar coa fama de faceren os mellores cócteles da cidade

 

 

Se precisares contactar connosco:

Martín: +353 831572497

Alex: +353 873347487